O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria, realizou a actividade titulada "Plantando árbores con pinceis", presentada por Afundación Abanca en colaboración coa asociación de arte urbana "Vella Escola".
Este proxecto une cultura e coidado do mediambiente , a través da realización no centro dun mural artístico e obradoiros de estampaxe, que teñen como obxectivo achegar ao noso alumnado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna e fomentar o respecto ao medio natural a través dunha metodoloxía participativa e colaborativa.
Utilizáronse pinturas fotocatalíticas anticontaminación que non só non contaminan, senón que ademais, absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes da industria e o tráfico rodado.
Cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo dunha árbore adulta.
Mural no corredor do colexio.
Obradoiro de estampaxe














