Leo porque tiven a sorte de descubrir a maxia dende pequena. Porque tiven un avó que se inventaba historias. Porque tiven unha nai que cada noite sentaba aos pés da miña cama e me lía poesías."
Begoña Caamaño
Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2026, adicado este ano, á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado.
Como arranque á celebración deste día, dende os máis pequeniños aos meirandes do colexio, gozamos dunha xornada de xogos tradicionais: a petanca, a chave, a ra, tira da corda, carreiras de sacos, o pano, a raiola... para continuar coa xuntaza de todo o alumnado e profesorado para lembrar a vida e obra de Begoña Caamaño. Ademais, tivemos o privilexio de contar coa presenza da Coral Lucus Terra coa que tivemos a oportunidade de falar, cantar e escoitar a nosa lingua, o galego, nas súas voces.
Xornada de Xogos Tradicionais:
Coral Campus Terra:
E para rematar coas actividades programadas para o Día das Letras Galegas, anunciamos a palabra escollida que inaugurará o "Corredor das Verbas":
O Día das Artes Galegas, celébrase cada 1 de abril. Este ano, adícase ao destacado fotógrafo e cineasta, JOSÉ SUAREZ, nado en Allariz (Ourense) e considerado o fotógrafo galego máis internacional. Afondamos na vida e traxectoria artística de José Suarez adicándolle a nosa actividade: "Coa Ollada de José Suarez" na que recompilamos fotografías de caracter "costumista" do noso día a día no colexio; fotografías en blanco e negro tan características do artista.
O alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de E.Primaria, tivo a sorte de "ir pescar" no batuxo de Anxo Moure, contacontos do proxecto "21 días co galego".
Os contos de Anxo Moure, falan sobre a lingua da auga, de fervenzas, de ríos, de mares, de xacias e peixes... alimentan a nosa imaxinación e énchennos de moita risa e ledicia!.
Gozamos moito da visita de Anxo na que cantamos, bailamos, demos aloumiños, apertas, e sobre todo, recibimos mensaxes ben fermosas sobre o respecto e o coidado do noso entorno e toda a natureza.
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizamos diferentes actividades que nos serven para reflexionar, lembrar e reivindicar a loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos, oportunidades e recoñecemento en todos os ámbitos da sociedade.
Todos os integrantes da comunidade educativa, elaboramos un mural conxunto realizado coas fotografías das mulleres importantes na vida de cada un/unha.
Lembramos ás mulleres da xeración do 27, coñecidas como “As sinsombreiro”, que tiveron a valentía de alzar a súa voz e de facerse escoitar co xesto de sacar o sombreiro cando lles estaba prohibido.
Esta homenaxe vai centrada na figura de MARUJA MALLOpor ser unha muller galega e lucense e integrante da xeración do 27.
As nenas e nenos de infantil, pintaron diferentes tipos de sombreiros para facer un mural. Tamén bailaron ao son da música dos anos 20 e lanzaron os sombreiros ao aire en lembranza destas mulleres.
O alumnado de terceiro ciclo, ademáis, afondou na vida de Margarita Manso, Victorina Durán, Luisa Carnés, Concha Méndez ... e todas as mulleres da Xeneración do 27 que desenvolveron unha actividade constante e destacada en campos como a literatura, a poesía, a pintura, a música, o cinema ou a filosofía, e, que moitas delas, acabaron exiliadas tras o estalido da Guerra Civil Española.