Comezamos a conmemoración do Entroido furgando e descubrindo a orixe e historia da figura do Meco.
Unha vez elaborado o noso Meco, expuxémolo no corredor para comezar a cumprir os seus mandados.
Coñecimos tamén personaxes típicos do Entroido Galego:
Este ano, como a temática escollida para o Entroido foi "A granxa", estes foron os mandados do Meco:
Luns: Orellas, fuciño ou rabiño has de poñer
para una animaliño de granxa parecer.
Martes: Se queres ter saude e cordura,
identifícate cunha froita ou verdura.
Mércores: Moi importante!
Non esquezas un sombreiro
para que o espantallo semelle un cabaleiro.
un pano na cabeza ou camisa de cadros tés que levar!
Houbo regueifa entre profesorado e alumnado, desfile de comparsas, e por suposto, música e moita algarabía e balbordo!
Educación Infantil: animaliños da granxa
1º Ciclo de E.Primaria: Froitas e verduras
2º Ciclo de E.Primaria: Espantallos
3º Ciclo de E.Primaria: Granxeiros
E que mellor xeito de rematar a festa de Entroido, que comendo doces típicos destas datas: orellas, filloas, rosquillas ...






















