sábado, 31 de xaneiro de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2026

Con motivo da conmemoración do Día da Paz, elaboramos diferentes traballos realizados polo alumnado sobre a importancia da convivencia, o respecto, a solidariedade e a resolución pacífica dos conflitos.

Entre todo o alumnado do centro, elaborouse o ABECEDARIO DA PAZ. Cada titoría encargouse de atopar palabras en lingua galega relacionadas cos valores da conmemoración deste día.

O alumnado de E.Infantil realizou ademáis o mural "Que chova a Paz!":


Nelson Mandela, Teresa de Calcuta, Sadako Sasaki, Marthin Luther King, Malala Yousafzai e  Mahatma Gandhi son os personaxes escollidos polo alumnado de 3º ciclo de E.Primaria para afondar nas súas biografías como referentes mundiais da defensa da non violencia e a xustiza social na historia da humanidade

Na xuntaza de todo o alumnado e profesorado do centro, escoitamos o Manifesto da Paz que elaborou o alumnado de 2º ciclo de E. Primaria e que se pode ler a continuación:
Lectura do manifesto: 

Rematamos esta conmemoración cantando todos xuntos a canción "Que canten os nenos"