Durante o día de Nadal e a noite de Reis, rapaces/as reunidos en xuntas, bandos, aguinaldeiros ou ranchos, van de casa en casa cantando panxoliñas con pandeiros, ferriños, cunchas... Comezan pedindo permiso ao dono da casa para seguir cos saúdos e cantos de Nadal. Finalmente, piden o aguinaldo que soe consistir en chourizos, castañas, ovos, pan... que van gardando para comer ao día seguinte nunha festa con todos os compañeiros. Agradecen o aguinaldo con coplas de loanza.
Nas ocasións en que o dono da casa rexeita os cantos ou nega o aguinaldo, suponlle un "canto de aldraxe".
O alumnado de 6º de EP, recolleu unha mostra destes cantos de nadal.
