martes, 9 de decembro de 2025

NADAL SOLIDARIO

Este curso solidarizámonos coa asociación ASOTRAME (Asociación galega de persoas trasplantadas de médula ósea e enfermidades oncohematolóxicas). Quixemos facerlles un Nadal un pouco máis levadeiro e arrancarlles un sorriso coas postais que elaboraron as nenas e nenos, para repartir polos hospitais de Galicia.