O alumno de 6º de EP, elaborou unha peza para construir, xunto con outros centros educativos da cidade, o "PUZZLE DA MEMORIA" no acto de conmemoración do 25 aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.
A peza elaborada, representa un anaquiño do monumento bimilenario, no que, en cada pedra debuxada, recóllese unha verba relacionada coa historia da Muralla de Lugo.
Rematamos a conmemoración do 25 aniversario, facendo un percorrido polo adarve da muralla ata chegar á Praza Pío XII, punto de encontro dos tres Patrimonios da Humanidade que a nosa cidade atesoura: Muralla, Catedral e Camiño de Santiago.










