Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, realizamos diferentes actividades que nos serven para reflexionar, lembrar e reivindicar a loita histórica das mulleres pola igualdade de dereitos, oportunidades e recoñecemento en todos os ámbitos da sociedade.
Todos os integrantes da comunidade educativa, elaboramos un mural conxunto realizado coas fotografías das mulleres importantes na vida de cada un/unha.
O alumnado de terceiro ciclo, ademáis, afondou na vida de Margarita Manso, Victorina Durán, Luisa Carnés, Concha Méndez ... e todas as mulleres da Xeneración do 27 que desenvolveron unha actividade constante e destacada en campos como a literatura, a poesía, a pintura, a música, o cinema ou a filosofía, e, que moitas delas, acabaron exiliadas tras o estalido da Guerra Civil Española.



