O alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de E.Primaria, tivo a sorte de "ir pescar" no batuxo de Anxo Moure, contacontos do proxecto "21 días co galego".
Os contos de Anxo Moure, falan sobre a lingua da auga, de fervenzas, de ríos, de mares, de xacias e peixes... alimentan a nosa imaxinación e énchennos de moita risa e ledicia!.
Gozamos moito da visita de Anxo na que cantamos, bailamos, demos aloumiños, apertas, e sobre todo, recibimos mensaxes ben fermosas sobre o respecto e o coidado do noso entorno e toda a natureza.
"O mar bate no noso corazón
porque está preocupado pola contaminación"








