luns, 18 de maio de 2026

LETRAS GALEGAS 2026


"E... por que leo? 

Leo porque tiven a sorte de descubrir a maxia dende pequena. Porque tiven un avó que se inventaba historias. Porque tiven unha nai que cada noite sentaba aos pés da miña cama e me lía poesías."

Begoña Caamaño

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2026, adicado este ano, á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado. 

Como arranque á celebración deste día, dende os máis pequeniños aos meirandes do colexio, gozamos dunha xornada de xogos tradicionais: a petanca, a chave, a ra, tira da corda, carreiras de sacos, o pano, a raiola... para continuar coa xuntaza de todo o alumnado e profesorado para lembrar a vida e obra de Begoña Caamaño. Ademais, tivemos o privilexio de contar coa presenza da Coral Lucus Terra coa que tivemos a oportunidade de falar, cantar e escoitar a nosa lingua, o galego, nas súas voces.

Xornada de Xogos Tradicionais:




Coral Campus Terra:




E para rematar coas actividades programadas para o Día das Letras Galegas, anunciamos a palabra escollida que inaugurará o "Corredor das Verbas":