lunes, 31 de marzo de 2025

PESCUDANDO A CASTELAO

 Coincidindo coa declaración do "Ano Castelao", no que se conmemora o 75 aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, o  alumnado de sexto de Educación Primaria participou nun "scape room" organizado pola Xunta de Galicia  que se desenvolveu na Biblioteca Pública Municipal.


Os rapaces foron seguindo as instruccións e os carteis sobre a vida de Castelao no scape room








Alfonso Daniel Rodríguez Castelao faleceu o 7 de xaneiro de 1950 no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires. Os seus restos foron enterrados o 9 de xaneiro no Cemiterio da Chacarita, Buenos Aires. En 1984, os seus restos foron repatriados a Galicia e enterrados no Panteón de Galegos Ilustres de Santiago de Compostela.

Os rapaces/zas de quinto investigaron a súa vida e fixeron caricaturas inspiradas nas de Castelao.