jueves, 31 de octubre de 2024

SAMAÍN /MAGOSTO 2024

Así de ben conmemoramos a festa do Samaín - Magosto no noso colexio.

Tivemos obradoiros de cornetes, de manualidades, contacontos de lendas e historias de medo, desfile pola rúa, e unha boa merenda a base de castañas amenizada coa mellor música. 

Despois de tanta festa, asistimos á entrega dos premios do certame literario "María Castaña 2024". Parabéns a todos/as por esas poesías tan fermosas! E que mellor remate de festa que saír no xornal "El Progreso" da nosa cidade cantando a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras, a quen lle estamos moi agradecidos polo súa música, e, quen por certo, felicitounos pola nosa actuación.


 





O FALLO da Comisión de selección dos poemas deuse a coñecer antes do magosto e fíxose entrega dos premios.