martes, 6 de xuño de 2023

BENVIDA

Dende o Ceip Anexa de Lugo, dámosvos a benvida a este novo recunchiño:



Este blog, ten como finalidade, divulgar os nosos traballos, compartir ferramentas e dar a coñecer as actividades que realizamos; todas elas, pensadas e deseñadas para fomentar o uso da nosa lingua: O GALEGO!

Sede todos/as BENVID@S!

O idioma é a chave 

coa que abrimos o mundo: 

o salouco máis feble, 

o pesar máis profundo. 

O idioma é a vida,

 o coitelo da dor,

 o murmurio do vento,

 a palabra de amor. 

O idioma é o tempo, 

é a voz dos avós 

e ese breve ronsel 

que deixaremos nós. 

O idioma é un herdo, 

patrimonio do pobo, 

maxicamente vello,

 eternamente novo. 

O idioma é a patria, 

a esencia máis nosa, 

a creación común 

meirande e poderosa. 

O idioma é a forza 

que nos xungue e sostén.

 Se perdemos a fala 

non seremos ninguén! 

O idioma é o amor,

 o latexo, a verdade,

 a fonte da que agroma 

a máis forte irmandade. 

Renunciar ao idioma 

é ser mudo e morrer. 

Precisamos a lingua 

se queremos vencer!

                                          Manuel María -  A Fala