"E... por que leo?
Leo porque tiven a sorte de descubrir a maxia dende pequena. Porque tiven un avó que se inventaba historias. Porque tiven unha nai que cada noite sentaba aos pés da miña cama e me lía poesías."
Begoña Caamaño
Como arranque á celebración deste día, dende os máis pequeniños aos meirandes do colexio, gozamos dunha xornada de xogos tradicionais: a petanca, a chave, a ra, tira da corda, carreiras de sacos, o pano, a raiola... para continuar coa xuntaza de todo o alumnado e profesorado para lembrar a vida e obra de Begoña Caamaño. Ademais, tivemos o privilexio de contar coa presenza da Coral Lucus Terra coa que tivemos a oportunidade de falar, cantar e escoitar a nosa lingua, o galego, nas súas voces.
Xornada de Xogos Tradicionais:



















































